Friday 10 de May de 2024

Esta fin de semana, nova cita co ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’


Este vindeiro sábado, 30 de xullo, o alcalde e membros do seu equipo de Goberno estarán á disposición da cidadanía no mesmo Concello de 10 a 13 horas. Como cada último sábado de mes ten lugar o ‘Sábado de portas abertas do Goberno Local’, iniciativa dirixida á veciñanza coa que se pretende facilitar o contacto directo cos edís e o rexedor local. Un xeito especialmente pensado para aquelas persoas que por motivos laborais ou doutra índole non poden acudir ao Concello nos horarios establecidos durante os días laborables. Aínda que non é preciso solicitar cita previa quen o desexe pode facelo chamando ao 981 680 002.
Por outra banda tamén existe a posibilidade de contactar con Alcaldía a través do correo electrónico habilitado na páxina web do Concello de Ordes http://www.ordes.gal.